lunes, 27 de julio de 2015

Ela






Ela
    escrebe os seus soños na casca dun robre novo
    e sorrí coma un verán eterno

El
    espreguiza as ilusións mortas baixo do sol candente
    e agarda os nimbos, coma un vello

Ela
    conta as folliñas dos tréboles e espreita a posta do sol
    para roubala, sen vergoña e con nocturnidade

El
    ponlle unha cifra a cada día, e aínda ten de pensalo
    para non numerar os segundos

Ela
    sae a rúa coas chanclas, e as fiestras énchense de homes
    coa cabicha rindo antre os beizos

El
    conta as moedas coma un vello avaro, calcula o custo da vida,
    e despois o que a vida costou, polo de agora...

Ela
    dalle un bico a calquera, invita a cervexa cando non ten un can,
    e frite os ovos co aceite que tirou o mes pasado

El
    fita atrás da porta, por se os nimbos non chegan
    e agarda a chegada dela, por se volvera o frío, negro, mesto...


Ela
    ...
        Voa

No hay comentarios:

Publicar un comentario